A inscrición abrirase o venres 24 de outubro e pecharase o luns 15 de decembro ás 23:59 horas, ou ata completar 1.500 prazas.
Calquera dúbida sobre o proceso de inscrición pódese consultar na INFORMACIÓN do evento ou no correo electrónico soporte@emesports.es. O atleta deberá encher o formulario de inscrición e mediante a modalidade de pago por tarxeta efectuar o pago que no seu caso corresponda.
O prezo ata o domingo 30 de novembro ás 23:59 h
10€
por participante.
O prezo dende o luns 1 de decembro ata o luns 15 de decembro ás 23:59 h
12€
por participante.
- Non se aceptarán inscricións o mesmo día da carreira nin fóra de prazo. Entrando na listaxe de inscritos poderá visualizar o estado da súa inscrición.
- As inscricións abriranse o 240de outubro e pecharanse o luns 150de Decembro ás 23:59h., ou ata completar 1.500 participantes.
- O 1 de decembro pecharanse para os participantes que decidan facer a recollida en Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Vigo, posteriormente, informarase, para os inscritos máis afastados dos puntos de recollida nas citadas localidades. A información estará dispoñible nas webs: www.sin-son10 k. com. www.portodoson.gal. E nas RRSS oficiais da carreira.